A realidade dos renos.

Unha vez rematadas as navidades pensamos nas situacións positivas como pode ser o agradable que é estar en familia ou comer deliciosos manxares. Pero tamén hai que falar de cousas negativas. A WSPA é unha asociación a favor da defensa dos animais que fai pouco denunciou o maltrato dos renos, un dos símbolos máis destacados da navidade.

fgf

Os renos son animais acostumados a vivir en liberdade, animais salvaxes sen a presenza humana.Encóntranse nunha situación límite cando teñen un gran estrés por ser forzados a entrar en currais ou  para trasladalos aos matadoiros. Son moi preciados pola súa carne. Ademáis a WSPA aporta información como que cada ano son sacrificados 50.000 renos, incrementándose a cifra cada ano. No 2009 había en Suecia una poboación de arredor de 250.000 renos(practicamente os mesmos que a principios de século). Esta cifra variou dende os 150.000 que había no 1994 e os 300.000 que contaban en 1990 debido aos cambios no pasto e os animais depredadores.


É a primeira vez que de denuncian este tipo de abusos aos renos.

Publicado en BIODIVERSIDADE | Deixa un comentario

O xenoma do orangután: 97% igual cos humanos, 3% infinitamente diferentes

Os investigadores identificaron os máis de tres millóns de pares de bases que constitúen o xenoma do orangután, un animal co que o home compartía un ancestral común hai máis de 12 millóns anos. A pesar das grandes semellanzas xenéticas co orangután, os seres humanos non son tan semellantes a eses homínidos, ou o resto deles, como se pensaba hai uns anos. Grazas ás técnicas modernas, atoparonse diferenzas importantes en certos fragmentos do xenoma de uns e doutros, e iso fainos moi diferentes. Só neses fragmentos do xenoma non compartidos, podería haber ata decenas de xenes que nos temos, pero os orangutáns non, e viceversa. Os datos sobre o orangután agora proporcionan pistas sobre a evolución dos homínidos e do proceso que levou ao xurdimento dos seres humanos. Os resultados tamén revelan información sobre os mecanismos sobre as reorganizacións cromosómicas de enfermidades como o cancro.



Publicado en EVOLUCIÓN | Deixa un comentario

Un diminuto animal con máis xenes que o ser humano

imagen

A pulga de auga, un pequeno crustáceo usado hai décadas para analizar os cambios ambientais nos ecosistemas, convertiuse no animal con maior número xenes de cantos foron analizados ata agora. Segundo un estudo publicado na revista “Science”, contén máis de 30.000 xenes, case 10.000 máis que os humanos. Con este traballo, a pulga de auga converteuse no primeiro crustáceo cuxo xenome foi descuberto. 

Publicado en 1 | Deixa un comentario

¿A amizade tamén está determinada cos xenes?

Científicos estadounidenses obtiveron as primeiras probas de que as peculiaridades xenéticas influen nos nosos víncuos amistosos. 

Especialistas da Universidade de California utilizaron datos de dous estudios independentes da saúde dos habitantes de certas localidades estadounidenses levados a cabo durante un longo período. Estes datos conteñen tanto información xenética dunhas 5.000 persoas coma información sobre os seus enlaces personais.

Os investigadores analizaron variacións en seis xenes específicos, tendo en conta a raza, ascendencia común e xénero. Resultou que as persoas con certa variante do xen asociado co alcolismo, DRD2, tenden a crear vínculos coas persoas coa misma variante.

Ao mesmo tempo, os representantes do grupo que posúen o xen CYP2A6, asociado co metabolismo das sustancias alleas ao organismo (por exemplo, a nicotina) tenden a ser amigos de persoas que carecen deste xen e evitan as relacións con aqueles que si o teñen.

Os autores do traballo aínda non teñen explicación para este fenómeno, pero supoñen que esto é unha demostración dun certo mecanismo protector.

Publicado en 1 | Deixa un comentario

O OSO POLAR EN PERIGO

O cambio climático é un  problema que nos afecta a todos por igual, tanto aos animais, como a nós, os humanos, pero sobre todo aos animais. Na actualidade, o cambio climático é máis visible, por exemplo, no Polo Norte, onde o xeo dos osos polares estase a derreter. Isto provoca a morte de moitos osos debido a que se afogan e que necesitan o xeo para cazar as súas presas (as focas) e morren de fame.

imagen

Os osos polares estanse a achegar cada vez máis aos humanos para conseguir algo que levarse a boca e asegurar así a supervivencia das súas crías. Se non facemos nada ao respecto agora que aínda estamos a tempo, acabaremos estinguindo a este animal tan especial.

imagen

Publicado en BIODIVERSIDADE | Deixa un comentario

Un estudo afirma que asteroides trouxeron ouro a terra

Hai tempo que os científicos coñecen a existencia dunha misteriosa cantidade de metais siderófilos (amantes do ferro) no manto da Terra. Estes metais, incluíndo o ouro, tenden a afiliarse co ferro nas súas formas líquidas. A mellor explicación é que algún tipo de obxeto espacial trouxo estes elementos ao planeta xusto antes de que se formara o seu núcleo pero a natureza exacta do obxeto que impactoú contra a Terra foi obxeto de debate. Os novos estudos afirman, con base en simulacions informáticas, que un reducido número de enormes impactos aleatorios hai aproximadamente 4,5 billons de anos son a orixe dos materiais siderófilos que se encontran na Terra. Estes obxetos que impactaron na Terra eran obxetos rochosos restos da fase de formación dos planetas do sistema solar. O estudo suxiere que o maior que golpeoú á Terra era aproximadamente do tamaño de Plutón, duns 3.220 kilómetros de ancho. Ademáis, os autores do estudo afirman que o xove planeta Terra non foi o único receptor: as colisions cataclísmicas enviaron metais siderófilos á Lua e a Marte máis ou menos o mesmo tempo. Aínda máis, os impactos poderían ser o orixen da auga na Lúa.

F5ZMY7GG_59QJ_SEUOU92P9C91.jpg

Publicado en UNIVERSO | Deixa un comentario

Como poden voar as serpes

Un novo estudo, que se validou de métodos de grabación e modelado 3-D sen precedentes así como de serpes tanto reais como de plástico, demostrou cómo as serpes voadoras forman ángulos e se dispoñen de forma que acadan unha propulsión óptima.
Tanto no sudeste como no sur de Asia se poden encontrar cinco especies de serpes Chrysopeleaque; observaronse retorcendo as súas costelas e aplanando os seus corpos no medio do aire pero isto non explica totalmente cómo controlan o descenso estes reptiles.

CCVUBV34_LZI8_9YDMFD375S4U.jpg

Publicado en BIODIVERSIDADE | Deixa un comentario

Nebulosa esquimal

A Nebulosa Esquimal recibiú este nome porque o astrónomo que a descubríu en 1787 pensoú que se parecía á cabeza dunha persoa cuberta pola capucha dunha parka. Sen embargo, esta detallada imaxen tomada no ano 2000 polo Telescopio Espacial Hubble descúbrenos unha estrutura moito máis complexa, para a que os astrofísicos aínda están buscando unha explicación.

CHV94N00_SQBG_ZN2A1G9G3ZOP.jpg

Publicado en UNIVERSO | Deixa un comentario

EMISIÓN DE GASES DE EFCTO INVERNADOIRO EN ESPAÑA

En España a emisión de gases de efecto invernadoiro diminuiu en 2009 un 8,2% respecto do ano anterior aínda que os compromisos adquiridos no Protocolo de Montreal siguen lonxe. O incremento respecto das emisións do ano 1990 é dun 28,5%,cando non deberiamos sobrepasar o 15%.

Según as proxeccións realizadas por o ministerio de Medio Ambiente e a oficina de Cambio Climático en 2010 produciuse unha redución moi significativa, próxima ao 6% ou 8%.

Aquí vos deixo un video que fala dos gases de efecto invernadoiro.

 


Publicado en O NOSO ENTORNO | Deixa un comentario

Inundacións pola crecida dos ríos Rhin e Mosela en Alemania

As persistentes chuvias e o desxeo no país xermano provocaron o desbordamento de numerosos ríos e afluentes e inundacións en amplas zonas ao longo dos ríos Rhin e Mosela.

Causou a morte dun home de 50 anos tras caer do seu kayak nun afluente do Rhin.

En Coblenza, resultaron afectados alguns edificios nos barrios de Güls e Lay, onde se rexitrou unha crecida do Mosela ata os 7,20 metros. Nas graves inundacións de 1993 e 1995 a altura do Rin chegou aos 9 metros.

imagen  

 

 

Publicado en CATÁSTROFES NATURAIS | Deixa un comentario